Monday 06 de May de 2024

Gañadores do Concurso de Disfraces celebrado no Pequeno Entroido en Riveira


O Concello quere facer públicos os gañadores do Concurso de Disfraces de Hostalería de Pequeno Entroido: un evento organizado pola administración municipal en colaboración co Centro Hostaleiro Aberto (CHA) que se celebrou o pasado sábado 13 de febreiro, dende as 20 horas ata o peche dos locais hostaleiros.

Os gañadores son os seguintes:

GAÑADORES CATEGORÍA INDIVIDUAL

1º PREMIO 100€ a Ramiro Garaboa co disfraz “Teléfono Móbil”
2º PREMIO 50€ a David Tomé Baamonde co disfraz “Loitador Mexicano”

GAÑADORES CATEGORÍA PARELLA (un representante por parella)

1º PREMIO 200€ a María Parada Gómez co disfraz “As Latas”
2º PREMIO 100€ a Manuel Moldes co disfraz “Polbo da Ría”

GAÑADORES CATEGORÍA GRUPO (un representante por grupo)

1º PREMIO 350€ a JuanaCrujeiras Gude co disfraz “As Medusas”
2º PREMIO 200€ a Paula Patiño co disfraz “Galletas Príncipe”

A entrega dos premios aos gañadores tivo lugar onte na tradicional Gala da Hostalería de Riveira: un evento que contou coa asistencia da primeira tenente de alcalde e conselleira de Cultura, Fabiola García Martínez.

O xurado encargado de dirimir o concurso estivo integrado por:

– Antonio Miranda Blanco, Presidente do xurado (Presidente da Asociación de Empresarios)
– Isabel Lapido López,representante da Asociación de Empresarios de Riveira
– Mari CarmenOlveira Sampedro, representante da Asociación de Empresarios de Riveira
– ÁngelMartínez Fernández, representante do CHA
– Sandra Fernández Gómez, representante do Concello de Riveira